Segúidenos!

12 de novembro de 2025

 Se queres estar ao día de toda a nosa información, sigue a nosa conta de INSTAGRAM


Concurso de traslados 2025

 

Saíu publicada a Resolución do 27 de outubro de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, pola que se convoca concurso de traslado entre o persoal funcionario dos corpos e escalas de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza.

Podes consultar o detalle da resolución no BOE e no DOG.

MUXEXU - Cadros médicos para o ano 2025

29 de xaneiro de 2025

 A Muxexu ven de publicar na súa páxina web os cadros médicos das entidades médicas para o ano 2025

Podédelas consultar nas seguintes ligazóns:

Horario de inverno 2024-2025

16 de setembro de 2024

No día de hoxe entra en vigor o horario de inverno que regulará a xornada laboral ata o vindeiro 15 de xuño de 2025

Podes consultalo e descargalo no seguinte documento:

Comisións de servizo entre titulares. Adxudicación deinitiva oferta 20/05/2024

7 de xuño de 2024

Saíu publicada a Resolución do 6 de xuño de 2024, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se publican as adxudicacións definitivas de postos de traballo, en comisión de servizo, entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza convocados pola Resolución do 20 de maio de
2024.


Substitucións entre titulares. Nova oferta 31/05/24.

31 de maio de 2024

publicado na intranet" 

A DXX publica, con data do 31/05/2024, a Resolución pola que se se convocan postos para a súa provisión temporal mediante o sistema de substitución.




Comisións de servizo entre titulares. Adxudicación provisional oferta 20/05/2024

30 de maio de 2024

 "publicado na intranet"


Saíu publicada a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza pola que se publican as adxudicacións provisionais de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza convocados pola Resolución do 20 de maio de 2024.
 

Parabéns ao pobo: por un futuro sen Altri!

28 de maio de 2024

Había anos que o pobo lúcido e rebelde de Galicia non faciamos unha demostración de forza sendo capaces de romper a narrativa hexemónica. Malia a manipulación e a ocultación mediática oficial non foron quen de ocultar o carácter multitudinario da manifestación celebrada onte en Palas de Rei fronte o proxecto colonial da macrocelulosa de Altri. 

Substitucións entre titulares. Adxudicacións oferta 14/05/24

23 de maio de 2024

 "publicado na intranet"


Saíu publicada, con data do 23/05/2024, a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza pola que se resolve a convocatoria de provisión temporal de postos de traballo mediante o sistema de substitución, relativa á oferta publicada o 14/05/2024. 
 

Comisións de servizo entre titulares. Nova oferta de prazas

20 de maio de 2024

"publicarase na intranet"


Saíu publicada a Resolución do 20 de maio de 2024, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca a provisión en comisión de servizo de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza.

O prazo de presentación de solicitudes será de cinco (5) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria na intranet.

CXPA; quenda libre Orden JUS/1254/2022

"publicado na web do Ministerio"

 Seguimiento de convocatoria

  • 17 de mayo de 2024

    ACUERDO TCU BASE 7.7 CAMBIO DE AMBITO.


CAX; plantillas definitivas exame de incidencias Orde JUS 1327/2022

16 de maio de 2024

"publicado na web do Ministerio"

ACUERDO DEL TRIBUNAL CALIFICADOR ÚNICO POR EL QUE SE PUBLICAN LAS PLANTILLAS DEFINITIVAS DE RESPUESTAS DEL EXAMEN DE INCIDENCIAS. 

Acuerdo del TCU- plantilla definitiva examen de incidencias






Substitucións entre titulares. Nova oferta 14/05/24.

15 de maio de 2024

publicado na intranet" 

A DXX publica, con data do 14/05/2024, a Resolución pola que se se convocan postos para a súa provisión temporal mediante o sistema de substitución.


Comisións de Servizo. Adxudicación definitiva (oferta 22.4.24)

"publicado na intranet"14/05/24 

A DXX publica a Resolución do 7 de marzo de 2024, pola que se publican as adxudicacións definitivas de postos de traballo, en comisión de servizo, entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza convocados pola Resolución do 22 de abril de 2024.

Programa anual de vacacións 2024

14 de maio de 2024

A DXX ven de publicar na intranet a aprobación do Plan anual de vacacións 2024 para o persoal funcionario dos corpos ao servizo da Administración de xustiza (corpos de médicos forenses, de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e mais de auxilio xudicial), en servizo activo, que presten servizos na Administración de xustiza en Galiza.

 


 

Acción Social 2024: "E-mosido engañado"

 Tra-lo escandaloso recorte efectuado no ano 2011, as seguintes  ofertas da Xunta de Galiza dan moito que pensar.

Desde  AXG-CUT presentamos as seguintes alegacións para a recuperación dos programas da acción social do ano 2011:

Concurso de Traslados. Publicación no BOE da resolución definitiva XE TR AU 2023

10 de maio de 2024

Publicada no BOE de hoxe a Orde PJC/431/2024, de 24 de abril, pola que se resolve definitivamente o concurso de traslado entre persoal funcionario dos Corpos e Escalas de Xestión Procesual e Administrativa, Tramitación Procesual e Administrativa e Auxilio Xudicial da Administración de xustiza, convocado por Orden JUS/1102/2023, de 27 de setembro.