As nosas propostas: 9-10. Formación. Acción social

7 de xuño de 2015





Formación


A axeitada formación dos empregados públicos é a base para ofrecer servizos de calidade ao cidadán, polo que a formación debe de ser un obxectivo estratéxico. Pero, en vez dunha repetición constante de modelos e programas, a formación esixe estar permanentemente atento ás necesidades e demandas do colectivo.


Por iso, neste apartado distinguiríamos as seguintes categorías: Formación derivada da implantación de novos medios e tecnoloxías, actualización de coñecementos derivada da publicación de novas leis e cursos de reciclaxe e promoción.


A formación será previa ou simultánea a implantación das novas tecnoloxías ou publicación de novas leis.





Acción Social

Un dos dereitos fortemente afectados polos recortes da estafa-crise foron os programas de Acción Social. Solicitaremos a recuperación de todos os programas e o seu financiamento do 1% da masa salarial.



Volver á páxina principal