Oposicións. Secretarias/os xudiciais, promoción interna. Relación de aprobados na fase de oposición

2 de xullo de 2015


Na páxina web do Ministerio de Xustiza publicouse o Acordo do Tribunal N. º 1 polo que se publica a relación de aspirantes que superaron a fase de oposición de promoción interna e se abre o prazo para presentación dos méritos a valorar na fase de concurso.

Os 20 días naturais para presentar a documentación pertinente contaranse dende o día 3 ata o 22 de xullo, ambos os dous incluídos.

A documentación remitirase ao Rexistro Xeral do Ministerio de Xustiza. Calle de La Bolsa, n.º 8 -28012 Madrid.


Documentos asociados