Sobre o cálculo do IRPF na nómina do mes de xuño

1 de xullo de 2015

Na intranet xudicial publicouse a seguinte nota informativa sobre as retencións practicadas na nómina do mes de xuño.




Na nómina do mes de xuño produciuse a retención da cantidade do complemento autonómico transitorio prevista como consecuencia da aplicación da lei de orzamentos da comunidade autónoma.

O axuste desta cantidade repercute na retención do IRPF que, no mes de xuño, veuse incrementada; circunstancia que está previsto se regularice a partir do próximo mes.


Para Alternativas na Xustiza-CUT resulta absolutamente insuficiente a nota "exculpatoria" emitida, supostamente, pola Dirección Xeral de Xustiza.

1. En ningún momento se recoñece o erro cometido na nómina do mes de xuño, que pode supor unha falsidade documental (certificar unhas cantidades como ingresos para, a continuación, descontalas).

2. De non corrixirse nos certificados de ingresos anuais, aparecerán uns ingresos superiores aos reais, o que podería ter consecuencias en determinados trámites: axudas, bolsas, etc.

3. Ao ser superior a retención, as cantidades ingresadas son inferiores ás que correspondían, é dicir, que aínda que se restitúan nos vindeiros meses por regulacións do desconto do IRPF, o certo é que este mes deixaron de ingresar na maioría das nóminas entre 40 e 80 euros.

4. Na nómina do mes de decembro do ano pasado fixéronse correctamente as retencións polo que a conclusión resulta obvía: ou son incapaces de facer ben as nóminas ou actúan con mala fe. Escollede.

5. Alternativas-CUT manterá as reclamacións presentadas contra a nómina do mes de xuño.