O DIRECTOR XERAL TEN DE PRAZO ATA O MERCORES 31-08-16 PARA PRESENTAR ACORDO SOBRE INCAPACIDADE TEMPORAL (I.T.) SUBSTITUCIÓNS E VIOLENCIA XENERO
SPJ-USO, AXG-CUT, UGT, CSI-F, STAJ, CIG non imos a esperar máis tempo para que a Xunta de Galicia deixe de discriminar aos funcionarios galegos con respecto aos do Ministerio de Xustiza.
Dende a Constitución da Mesa Sectorial no mes de maio os 6 sindicatos con representación na Mesa levamos esixindo ao Director Xeral de Xustiza a equiparación coa normativa do Ministerio de Xustiza sobre Incapacidade Temporal (I.T.), o 100% das retribucións nas Substitucións e un acordo sobre a problemática nos Xulgados de Violencia sobre a Muller.
Ao longo destes meses os Sindicatos bloqueamos varias Mesas de negociación nas que se pretendían sacar normativas que só interesaban á Administración, mantivemos reunións co propio Director Xeral e a Subdirectora, das que fixemos as súas correspondentes follas informativas para que os traballador@s estiveran informados de todo o proceso.
Ante a falta de movementos significativos por parte da Xunta de Galicia SPJ-USO, AXG-CUT, UGT, CSI-F STAJ e CIG e ante o adianto electoral forzamos unha reunión co Director Xeral o pasado día 25-agosto-2016 nesa reunión démoslle de prazo ata o mércores 31-08-16 para que presente un texto de acordo coas seguintes condicións:
- O mércores 31-08-16 traslado do texto do acordo aos Sindicatos.
- O venres sinatura do acordo se cumpre coas esixencias.
- Publicación no D.O.G antes do día 8 de setembro, previo á campaña electoral.
- No texto referente ás I.T. debe recoller o seguinte paragrafo, para evitar dúbidas de cumprimento despois das eleccións
“..a Consellería de Xustiza modificará, antes do 1 de novembro de 2016, as resolucións ditadas no seu momento sobre retribucións nos casos de incapacidade temporal para o persoal ao servizo da Administración de Xustiza de Galicia, co propósito de equiparar dito réxime ao actualmente previsto para membros da carreira xudicial e fiscal e cos traballadores do Ministerio de Xustiza”
Se a Xunta de Galicia e o propio Director Xeral de Xustiza non cumpren cos prazos ou con algunha das condicións esixidas polos Sindicatos convocaremos distintos tipos de mobilización aproveitando a campaña electoral e pediremos o apoio aos 2.500 traballadores da Administración de Xustiza de Galicia para que o actual Goberno da Xunta pague electoralmente o seu desprezo e discriminación aos traballadores Galegos
Santiago, 26 de agosto de 2016
Etiquetas: Incapacidade temporal , Mesa Sectorial Xustiza , Mobilizacións , Retribucións , Substitucións , Violencia de xénero , Xulgados