No día de onte (25-10-2017), as organizacións sindicais esiximos e logramos a modificación da orde do día da mesa sectorial, conseguindo a inclusión dos seguintes puntos:
• Negociación de incremento do CAT (Complemento Transitorio).
• A discriminación sanitaria nos descontos por Incapacidade Temporal (IT).
• Plan de amortización de 106 prazas do ano 2013.
• 100% Substitucións (A igual traballo, igual retribución).
• Consolidación prazas de reforzo de máis de 3 anos.
Ante as divagacións e as evasivas nas explicacións destes puntos por parte do Director Xeral de Xustiza, e a súa negativa a tratar unicamente os temas solicitados e a poñer riba da mesa propostas concretas que negociar, os sindicatos demos por rotas todas as negociacións deixando ben claro que só regresaremos á mesa se se cumpren as seguintes condicións:
1. Convocatoria da Mesa de negociación a semana que vén sobre os cinco puntos da Unidade Sindical.
2. Presenza de persona competente da Consellería de Economía e Facenda ou dalgún alto cargo con competencias para validar un acordo.
A partir do 6 de novembro comezaremos a realizar asembleas onde se informará sobre os 5 puntos da táboa reivindicativa, o calendario de mobilizacións consensuado polas centrais sindicais e se explicarán as medidas de presión a tomar.
Etiquetas: CAT , ITS , Mesa Sectorial Xustiza