Contestación das OOSS ás mentiras da Xunta de Galicia

4 de decembro de 2017



MENTIRAS E MÁIS MENTIRAS


Despois da historica mobilización do pasado 1-D, dos funcionari@s da Xustiza Galega, mostrando o rexeitamento a discrimación dos empregados públicos con respecto ao resto de Comunidades Autónomas a Dirección Xeral de Xustiza de Galicia púxose en contacto na tarde do mesmo venres coas OO.SS para manter unha reunión o próximo 7 de decembro.

O Documento enviado titulado “BASES DE NEGOCIACIÓN DUN ACORDO DE MELLORA DAS CONDICIÓNS LABORAIS DO PERSOAL AO SERVIZO DA ADMON DE XUSTIZA.” e dende o luns colgado na intranet é un verdadeiro despropósito e dende logo non se pode considerar nin siquera unha base para a negociación, xa que ao longo do texto son constantes as mentiras e as vaguedades.

Explicamos punto por ponto esas vaguedades e mentiras:

Melloras retributivas (complemento aútonomico transitorio).

De todas as expresións a máis preocupante é coa que comeza o documentos “Iniciarase de xeito inmediato as negociacións para a mellora do complemento autonómico transitorio, co obxecto de ter acadado un acordo que poida ser efectivo no momento no que desaparezan os actuais impedimentos legais, impostos pola normativa básica en materia de persoal”

É curioso que os compañeiros de Asturias e Madrid non teñan ningún “impedimento legal” para asinar acordos nestes meses e os traballadores galegos, ademáis de estar discriminados, teñamos ese impedimento.

De todas formas o Goberno do PP ten dúas formas para solventar os "impedimentos legais": apoiar a Moción que van presentar os partidos de En Marea e o PSdeG-PSOE, MAÑÁ NO PARLAMENTO ONDE ESTAREMOS OS SINDICATOS, para que se acabe coas discriminacións dos traballadores da Xustiza Galega, ou coa súa MAIORÍA ABSOLUTA acabar cos impedimentos legais. MENOS MONSERGAS E MÁIS TRABALLO.

Consolidación de reforzos con máis de 3 anos.

Na mesma liña que no punto anterior continuan coas medio verdades, o acordo do que falan non foi negociado na Mesa de Xustiza. Durante este últimos anos a Xunta non entregou ningún documento, a pesares de telo solicitado centos de veces, onde se recolla as prazas de reforzo de máis de 3 anos.

Os sindicatos temos coñecemento que existen reforzos con máis de 10 anos de duración.


Na modificación dos cadros de persoal.

A Xunta de Galicia seguen mantendo a mentira de que non só non se amortizaron prazas, senón que aumentaron os cadros de persoal. “Dita amortización, que se iría producindo gradualmente, a medida que as prazas quedaran vacantes, non implica en sí a minoración do número de postos de persoal funcionario”. É dicir amortizaron prazas en xulgados de paz, familia, contencioso, audiencias provinciales, etc e teñen a cara de dicir que NON MINORIZARON POSTOS.


Retribucións en caso de incapacidade temporal.

Durante todos estes meses o Director Xeral, Juan Jose Martín, negou a posibilidade de adaptar a nosa normativa sobre incapacidade temporal a Maxistrados, Fiscais, funcionarios de Navarra e Aragón.
O único cambio na posición da Xunta é que agora en vez de dicir que non se pode din “Por parte da Conselleria competente en materia de xustiza impulsarase”. Dicir isto é como non dicir nada. É máis, nin siquera existe unha conselleria propia de Xustiza. Bla, bla, bla


Retribucións das substitucións nun corpo superior.

Neste punto a Xunta, como tantas veces, bota balóns fora e responsabiliza a normativa, as sentenzas, e o Sursum Corda para non permitir o cobro do 100% das retribucións aos compañeir@s que fan substitucións. Incumprindo así a máxima "A IGUAL TRABALLO , IGUAL RETRIBUCIÓN”.

Unha vez máis minte a Xunta de Galicia cando fala da imposibilidade de pagar o 100% das retribucións, xa que no 90% do Estado se está pagando o 100% das retribucións. Que pasa alí son uns ILEGAIS?






ligazón Bases de negociación Xunta