Os sindicatos do comité de folga de xustiza valorarán impugnar a sinatura do acordo entre Xunta e tres sindicatos
21 de maio de 2018
"publicado en Galicia Confidencial"
O comité de folga de xustiza anunciou a convocatoria dunha reunión para este martes en Santiago na que, entre outras cuestións, prevé analizar se se impugna a sinatura do acordo que derive da decisión de tres sindicatos (SPJ-USO, CC.OO. e UXT) de aceptar a oferta da Administración autonómica.
"Esa decisión leva unha sinatura que non sabemos se se produciu ou non, non temos comunicación. Pero veremos que medidas tomamos contra a convocatoria desta mesa sectorial ilegal e a firma dun acordo por parte de tres sindicatos que non teñen a maioría no comité de folga", ratificaron fontes deste órgano. No comité permanecen CSIF e os tres sindicatos que no seu día rexeitaron a proposta da Xunta (AXG-CUT, CIG e STAJ).
Etiquetas:
#FolgaXustiza
,
7F
,
Comité de folga
Imprimir / Compartir