Secretaría Xeral de Política Lingüística anuncia a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, 2, 3 e 4

19 de febreiro de 2019

"Publicado no DOG"

A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca, con carácter gratuíto, cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega (Celga), niveis 1, 2, 3 e 4.
Os cursos que se convocan na modalidade presencial  (niveis Celga 2, 3 e 4) e os que se convocan na modalidade de teleformación  (niveis Celga 1, 3 e 4).

Ligazón ao DOG


O prazo para presentar as solicitudes será de 20 días naturais, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.