O "Xeral" o "Gaiás" da Xustiza galega. Neglixencia ou intereses políticos?

18 de marzo de 2019


Nuñez Feijóo: “El Xeral no aguanta más para usos sanitarios ni para otros” “presenta dificultades estructurales graves” 28/01/2016. 

A Conselleira Rocío Mosquera "No sé si el Estado tiene plan para el Xeral. Nuestros informes técnicos aconsejan demolerlo" 28/06/15.

AXG-CUT “Non entendemos (máis que por intereses políticos) que cando xa están os terreos expropiados polo Concello, cando segundo o Conselleiro “a finais de marzo pode estar definitivamente aprobada xa a modificación do Art. 144” que permitiría a licitación do proxecto do Edificio dos Xulgados, se presente o proxecto nestes momentos.” 16/02/16 .

Con 6 meses de diferenza fixeron estas declaracións o Presidente da Xunta de Galicia e a Conselleira Rocío Mosquera sobre a estrutura do Hospital Xeral. Nesas mesmas datas varios catedráticos do departamento de Tecnoloxía da construción, especialistas en análise de estruturas, da Facultade de arquitectura nunha xuntanza informativa coa xunta de persoal de Vigo, deixaron claras as súas dubidas sobre un edificio con 60 anos de antigüidade (finalizado en 1955 en plena posguerra) cunhas normas construtivas moi determinadas pola escaseza e calidade do aceiro, totalmente illado e moi exposto aos axentes climáticos, nunha cidade marítima, con un uso moi elevado, polo que é lóxico sospeitar que existen problemas na súa estrutura. A Xunta de persoal de Pontevedra enviou por carta o pasado día 1/02/17 as conclusións da reunión cos catedráticos da Coruña.




Preme para ampliar

Preme para ampliar

Preme para ampliar