Amosando publicacións coa etiqueta Xeral. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Xeral. Amosar todas as publicacións

O "Xeral" o "Gaiás" da Xustiza galega. Neglixencia ou intereses políticos?

18 de marzo de 2019


Nuñez Feijóo: “El Xeral no aguanta más para usos sanitarios ni para otros” “presenta dificultades estructurales graves” 28/01/2016. 

A Conselleira Rocío Mosquera "No sé si el Estado tiene plan para el Xeral. Nuestros informes técnicos aconsejan demolerlo" 28/06/15.

AXG-CUT “Non entendemos (máis que por intereses políticos) que cando xa están os terreos expropiados polo Concello, cando segundo o Conselleiro “a finais de marzo pode estar definitivamente aprobada xa a modificación do Art. 144” que permitiría a licitación do proxecto do Edificio dos Xulgados, se presente o proxecto nestes momentos.” 16/02/16 .

Con 6 meses de diferenza fixeron estas declaracións o Presidente da Xunta de Galicia e a Conselleira Rocío Mosquera sobre a estrutura do Hospital Xeral. Nesas mesmas datas varios catedráticos do departamento de Tecnoloxía da construción, especialistas en análise de estruturas, da Facultade de arquitectura nunha xuntanza informativa coa xunta de persoal de Vigo, deixaron claras as súas dubidas sobre un edificio con 60 anos de antigüidade (finalizado en 1955 en plena posguerra) cunhas normas construtivas moi determinadas pola escaseza e calidade do aceiro, totalmente illado e moi exposto aos axentes climáticos, nunha cidade marítima, con un uso moi elevado, polo que é lóxico sospeitar que existen problemas na súa estrutura. A Xunta de persoal de Pontevedra enviou por carta o pasado día 1/02/17 as conclusións da reunión cos catedráticos da Coruña.

Instalación de máquinas vending expendedoras de bebidas quentes, frías e de produtos sólidos nos edificios xudiciais

8 de xullo de 2015


No Diario Oficial de Galicia número 127, do 8 de xuño de 2015, publícase a Resolución do 15 de xuño de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se anuncia a licitación para a contratación, documentalmente simplificada, do servizo para a instalación, xestión e explotación de máquinas vending expendedoras de bebidas quentes, frías e de produtos sólidos nos edificios xudiciais da Xunta de Galicia, con procedemento aberto, tramitación ordinaria e contrato administrativo especial.


Ligazón

Comunicación sobre a utilización de medios materiais postos á disposición da Administración de xustiza para cuestións persoais

7 de xullo de 2015

Publicado na intranet xudicial.


Ponse en coñecemento do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza dependente desta comunidade autónoma que calquera tipo de comunicación ou solicitude de carácter persoal que non estea automatizada (caso no que se deberá utilizar o procedemento informático establecido) deberá tramitarse polas vías ordinarias: escrito a través do rexistro, comunicación por fax ou correo electrónico.

En ningún caso é admisible a carta certificada con xustificante de recepción, postal exprés ou outro medio dos postos á disposición dos órganos xudiciais para o seu funcionamento.