A EGAP convoca cursos de prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación

31 de outubro de 2019

"publicado no DOG"

Requisitos das persoas participantes:
Poderá participar na acción formativa convocada nesta resolución o persoal que preste servizo no Pazo de Xustiza de Ourense, que se encontre en situación de servizo activo, permiso por maternidade ou paternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun/dunha fillo/a ou familiar e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II. 

Desenvolvemento das actividades de formación:
As actividades formativas realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para cada unha delas se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web.

Solicitudes e prazos
O prazo de presentación de solicitudes será de oito días contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Ligazón ao DOG