Listaxes definitivas Acción Social 2019

31 de outubro de 2019

Na Comisión de Acción Social celebrada na mañá de hoxe en Santiago de Compostela aprobáronse as listaxes definitivas das axudas para o ano 2019.


Dun total de 119 solicitudes ( 115 delas sinxelas e 4 dobres), 94 delas foran concedidas ao estar correctamente presentadas,  e outras 15 solicitudes inicialmente foran denegadas de xeito provisional.

Destas 15 solicitudes que presentaban problemas:

  • 8 delas foron subsanadas (aportando @s solicitantes a documentación pertinente)
  • 6  solicitudes tiveron problemas na presentación telemática, manifestando a Xunta que se solventará este problema en breve: (4 delas foron subsanadas a través de incidencia comunicada ao CAU  e as outras tres foran denegadas inicialmente por estar @ solicitante disfrutando do período vacacional na data de solicitude e outro por atoparse en situación de IT, o terceiro solicitante renunciou á axuda iniciamente pedida). 
Das 15 solicitudes mencionadas, todas foron aprobadas salvo a renuncia presentada.

Os importes de acción social para 2019 son os seguintes:
      • Tramo 1: 127,95 €
      • Tramo 2: 255,91 €
      • Tramo 3: 511´83 €

A previsión por parte da Xunta de Galicia é proceder ao abono destas cantidades a@s beneficiari@s no período máis breve de tempo posible ( posiblemente na segunda quincena do mes de novembro).

A publicación da resolución das listaxes definitivas de acción social no DOG prevese a vindeira semana.

Os solicitantes deberán comprobar a súa inclusión a través da aplicación OPAX.