Tarxeta de identificación especial para persoal de xustiza

12 de decembro de 2019


"publicado na intranet"


Vense de publicar no DOG; Resolución do 27 de novembro de 2019, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se regula a tarxeta de acreditación especial prevista na disposición adicional segunda da Orde do 12 de setembro de 2011 pola que se regula a tarxeta de identificación do persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.

A Carta de dereitos dos cidadáns ante a xustiza establece no seu número 13 que «o/a cidadán/á ten dereito a coñecer a identidade e a categoría da autoridade ou do funcionario que o/a atenda, salvo cando estea xustificado por razóns de seguridade en causas criminais». Así mesmo, a Lei orgánica 6/1985, do poder xudicial, regula no seu artigo 497.j) a obrigada identificación do persoal.

Mediante a Orde do 12 de setembro de 2011 regulouse a tarxeta de identificación do persoal ao servizo da Administración de xustiza, establecendo unha tarxeta que serve tanto para a identificación presencial do funcionario ante os cidadáns coma para lle permitir ao persoal e mais á Administración acceder ás prestacións e servizos derivados do avance das novas tecnoloxías e da implantación da Administración electrónica.

Ligazón ao DOG.-