"
publicado no DOG"
NO DOG de hoxe publícase a RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2020 pola que se convocan cursos de prevención de riscos laborais nivel básico para persoal empregado público, traballador por conta allea ou autónomo, empresario e persoa con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.
Prazo de solicitud:
O prazo de presentación de solicitudes será do 18 ao 27 de febreiro de 2020
As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
Modalidade: teleformación.
Duración: 60 h. edición
.
Datas: do
11 de marzo ao 6 de maio de 2020.
Proba final presencial: o día 6 de maio ás 10.00 horas.
Para a obtención do
certificado de aproveitamento, o alumnado deberá obter a avaliación positiva do seu profesorado, o cal emitirá un informe en que declare apto/a ou non apto/a cada alumno/a en función do resultado da proba de avaliación.
Ligazón ao DOG
Etiquetas:
cursos de formación
,
DOG
,
EGAP
,
prevención riscos