ACCIÓN SOCIAL 2020

12 de xuño de 2020

Mantida tamén na xornada de hoxe a reunión de ACCIÓN SOCIAL, na que por parte da administración non se aportou ningún tipo de información ni a persoa designada pola Administración tiña respostas a nada, por parte de AXG-CUT denunciamos a merma económica que ano tras ano estamos a sufrir na CCAA galega con respecto á acción social.


Se no ano 2008 a cantidade destinada a acción social superaba os 200.000 €, este ano 2020, seguindo na liña de aforro do goberno de Alberto Núñez Feijoó ronda os 21.000 € a suma destinada a este fin social (dependencia).- Uns 1000 € menos que no 2019.

Tras formular a pregunta sobre a razón deste brusco recorte nas cantidades, a DXX non ten nada que engadir ao respecto nin tampouco resposta. 

Eso sí, a ledicia por ter rematada a reunión era patente por parte da Administración.

Unha absoluta vergoña cara aos traballadores e cara ás OOSS. Non se pode calificar de outro modo.