DOG: publicación da modificación pola que se regulan as substitucións entre funcionarios da Administración de Xustiza

11 de xuño de 2020

"publicado no DOG"

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2020, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se
modifica a Resolución do 7 de maio de 2008 pola que se regulan as substitucións
entre funcionarios ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.

Primeiro. O artigo cuarto queda redactado como segue:

 «Cuarto. Requisitos dos solicitantes 

1. Poderán solicitar as substitucións, con exención de funcións nos seus postos, os funcionarios de carreira dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza con destino en órganos radicados na Comunidade Autónoma de Galicia que estean en situación de activo, prestando efectivamente servizos en xulgados, tribunais, fiscalías ou outros órganos da Administración de xustiza, e leven un mínimo de seis meses continuados no posto de traballo desde o cal participan na convocatoria, ben sexa con carácter definitivo, ben provisional. 

2. No caso das substitucións verticais, para ser nomeado substituto no corpo inmediatamente superior será preciso estar en situación de servizo activo nun posto de traballo dalgún dos centros de destino a que se refire o anterior parágrafo e estar en posesión da titulación académica exixida para acceder ao posto superior que é obxecto de substitución».