12 de xuño: 3 reunións coa DXX nunha soa xornada

11 de xuño de 2020

Despois de remitir solicitudes á DXX o 21 de maio e o 1 de xuño ( que podedes consultar no blogue)  para que convocara unha mesa específica para abordar a acción social 2020 (que agora queda reducida á mínima expresión - só para casos de dependencia- en con 1.000 € menos de orzamento que no ano 2019 (cando no ano 2008 era de máis de 200.000 €), e tamén mesa para negociar a instrución de vacacións, a DXX ten a ben convocarnos mañá, 12 de xuño, para estas dúas convocatorias, ás que engade a do comité de Seguridade e Saúde Laboral.



Bo día,
De orde do director xeral de Xustiza, convócaselles  a seguinte REUNIÓN:

Data:   12/06/2020
Hora:    10:00   HORAS
Asunto: VACACIÓNS


A reunión terá lugar a través do sistema de videoconferencia, o enlace á reunión comunicarase con anticipación a esta.

******

De orde do director xeral de Xustiza, convocase para a celebración, a través do sistema de videoconferencia, do Comité de Seguridade e Saúde, na seguinte data e hora indicados:

Data:      12/06/2020
Hora:      10:45 H0RAS

Asunto:     COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE.

******

CONVOCATORIA E CRITERIOS DE REPARTICIÓN DA COMISIÓN DA ACCIÓN SOCIAL 2020
Data:          12/06/2020
Hora:         12:00 HORAS
A reunión terá lugar a través do sistema de videoconferencia que se remitirá mañán (12/06/2020).

ORDE DO DÍA

1 Aprobación se procede da acta da sesión anterior.

2 Convocatoria e criterios de repartición do Fondo de Acción Social 2020.