AXG-CUT rexeita por completo o "acordo" da carreira profesional

31 de xullo de 2020


Na reunión mantida no día de hoxe (31.7.2020) por videoconferencia coa Dxx cos puntos da orde do día:

1️⃣ AXG-CUT informou ao Director Xeral da presentación do recurso contencioso-administrativo contra o acordo de traxectoria profesional




2️⃣ Respecto ao "acordo" da carreira profesional, AXG-CUT manifestou que rexeita por completo o acordo por:

  •  Adiarse o abono das cantidades máis e máis no tempo.
  • Pola discriminación entre corpos (sendo agraviados os médicos forenses e os xestores procesuais)
  • A inseguridade de percibir as cantidades ao estar supeditado "as dispoñibilidades orzamentarias"  de cada ano (no texto presentado non se recolle cantidade algunha para o ano 2021)
  • A exclusión directa d@s funcionarios interin@s da carreira profesional entre outros puntos.
3️⃣ Respecto ao plan de axilización da Xustiza coma consecuencia da COVID-19 a XUNTA DE GALICIA, asume ao pé da letra o plan do Ministerio de Xustiza, sen ter en conta situacións propias de Galicia, como consecuencia quedarán excluidos o xulgado de primeira instancia n° 4 con función de Mercantil de Ourense por ter funcións civís (non entran no plan do Ministerios) ou deixar fóra aos xulgados do social de Pontevedra

4️⃣ No mes de setembro convocará para tratar a modificación e ampliación das bolsas de INTERIN@S (25.10.2018) -- algunhas xa esgotadas--

5️⃣ Cadros de persoal  Órganos de NOVA CREACIÓN 2020 

Entrarán en funcionamento, probablemente no mes de Novembro, o cadro de persoal se ofertarase en Comisións de servizo.

Ligazón ao borrador do acordo

Ligazón á listaxe de creación de novos órganos xudiciais