AXG-CUT presenta DEMANDA CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVA contra o acordo da traxectoria profesional

1 de agosto de 2020

O pasado día 29 de xullo ALTERNATIVAS NA XUSTIZA-CUT interpuxo demanda ante a Sala do Contencioso - Administrativo polo acordo de traxectoria profesional asinado, unha vez máis,  pola DXX e as tres OOSS asinantes do acordo do 23 de maio de 2018. Acordo  que pretendían "BLINDAR"  o desenvolvemento dos puntos do acordo  e deixar fóra desa negociación a máis do 50 por cento da representación d@s traballador@s.

O contido do acordo, rexeitado na súa totalidade por parte de AXG-CUT, cuxas eivas son moitas, por non dicir o texto integral do acordo. 
  • Adía mes tras mes a percepción das cantidades correspondentes  a cada un dos corpos.
  • Discrimina entre os corpos, pois médicos forenses e xestores procesuais, tardan en consolidar o seu grao dous anos máis que tramitadores procesuais e auxilios xudiciais.
  • Un orzamento de 860.000 € adicado a este fin; pero sen desglosar de forma explícita as cantidades a percibir.
  • Absoluta inseguridade en anos vindeiros de percibir o complemento supeditado "ás dispoñibilidades orzamentarias".
  • A catro meses de rematar 2020, tendo efecto retroactivo desde 1.1.2020 aínda non hai data para cobrar.
  • Exclusión d@s funcionari@s interin@s da carreira profesional.