EGAP; X Xornada de formación práctica dixital (E-martes)

19 de novembro de 2020


"publicado no DOG"


Vense de publicar no DOG; RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2020 pola que se convoca, no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, a X Xornada de formación práctica dixital (E-martes).`

As persoas destinatarias desta actividade son:

O persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega e dos seus entes instrumentais.

Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela. 
Data: martes, 1 de decembro de 2020. 

Horario: mañá e tarde. Duración: 6 horas lectivas.

Número de prazas. Persoal empregado público: 16.Cidadanía: 13. 

O número de prazas convocadas vén determinado pola capacidade das aulas adaptada ás medidas de seguridade e hixiene previstas na normativa vixente para a prevención da COVID-19.

Inscrición. 1. A inscrición nesta actividade formativa só se poderá realizar por vía telemática accedendo ao enderezo https://egap.xunta.gal/matricula. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.