TPA, quenda interna, adxudicación destinos (ámbito GALICIA)

18 de novembro de 2020


"publicado no DOG"

Vense de publicar no DOG; RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2020, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se lles outorgan destinos aos funcionarios do corpo de tramitación procesual e administrativa da Administración de xustiza (quenda de promoción interna) que superaron as probas selectivas convocadas pola Orde JUS/404/2019, do 21 de marzo, no ámbito de Galicia.

Os funcionarios do corpo de tramitación procesual e administrativa aos cales se lles outorga destino nesta resolución deberán tomar posesión do seu cargo no correspondente departamento territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo (Xefatura Territorial de Lugo, Servizo de Xustiza, rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo) dentro do prazo de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado (BOE)....

Os funcionarios destinados en virtude desta resolución que opten por continuar en activo no corpo de auxilio xudicial non será necesario que se despracen a tomar posesión ao posto de traballo adxudicado, para o cal abondará con que, dentro do prazo de toma de posesión sinalado no punto primeiro, comuniquen, mediante o formulario que se publica nesta resolución como anexo II, a súa intención de se acolleren á dita opción, a través do correo electrónico servicio.persoal.xustiza@xunta.gal....