EGAP;Cursos de linguaxe xurídica galega para persoal que preste os seus servizos dentro e fóra da Comunidade (ano 2021)
12 de febreiro de 2021
"publicado no DOG"
Etiquetas:
DOG
,
EGAP
,
linguaxe xurídica galega
Vense de publicar no DOG; RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 2021 pola que se convocan cursos de
linguaxe xurídica galega para o persoal ao servizo da Administración de xustiza
que preste servizos fóra da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021.
O número de prazas de cada curso será de 25 por edición.
Os cursos impartirase segundo se indica a continuación:
Curso medio linguaxe xuridica galega
Teleformación, 75 horas, dende 06.09.2021 ao 07.11.2021
Curso superior linguaxe xuridica galega
Teleformación, 75 horas, dende 06.09.2021 ao 07.11.2021
Os cursos van dirixidos a todo o persoal de xustiza, xuices, letrados, xestores, tramitadores...
Para optar a estes cursos e necesario ter superado e validado
Para optar ao curso superior: O curso medio de linguaxe xurídica galega, o curso medio de linguaxe administrativa
galega ou calquera dos cursos equivalentes..
Para optar ao curso medio: O curso Celga 4, os cursos de iniciación e perfeccionamento de lingua galega, o curso
básico de linguaxe administrativa galega, o curso básico de linguaxe xurídica ou o curso
básico de linguaxe administrativa sanitaria...
Solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será de oito días contados a partir do seguinte
ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
O persoal que desexe participar nos cursos convocados nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática na páxina web da EGAP, <https://egap.xunta.gal/matrícula> e non son admisibles outras formas de solicitude.
Imprimir / Compartir