Amosando publicacións coa etiqueta linguaxe xurídica galega. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta linguaxe xurídica galega. Amosar todas as publicacións

EGAP; cursos de linguaxe xurídica galega (persoal fóra da comunidade galega)

7 de maio de 2024

 A EGAP ven de publicar no DOG de 7 de maio a convocatoria de cursos de linguaxe xurídica galega para o persoal ao servizo da Administración de xustiza que preste servizos fóra da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024.

Podes descargar o DOG na seguinte ligazón

EGAP; cursos linguaxe administrativa e xurídica galega

18 de xaneiro de 2024

"publicado no DOG"



ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

Vense de publicar RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2024 pola que se convocan os cursos de linguaxe administrativa e xurídica galega para persoal ao servizo das distintas administracións da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024.
 
  persoal que desexe participar nos cursos convocados nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática na páxina web da EGAP <https://egap.xunta.gal/matricula> , non sendo admisibles outras formas de solicitude

Cada persoa só poderá solicitar un dos cursos convocados.

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 31 de xaneiro de 2024.

Os formularios poderán ser obtidos e cubertos desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización.

As dúbidas, as dificultades técnicas e mais as solicitudes de información serán atendidas pola EGAP a través dos números de teléfono 981 54 62 57, 981 54 62 54 e 981 54 63 35 en horario de atención ao público (das 9.00 ás 14.00 horas)


EGAP; Cursos de linguaxe administrativa e xurídica galega

25 de xaneiro de 2023


"publicado no DOG"

Vense de publicar no BOE; RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2023 pola que se convocan os cursos de linguaxe administrativa e xurídica galega para persoal ao servizo das distintas administracións da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023.

Co obxecto de impulsar a normalización lingüística na Administración convócanse vinte e sete cursos de linguaxe administrativa galega e tres de linguaxe xurídica galega. 
O número de prazas por curso será de 25. 
Os cursos impartiranse segundo se indica a seguir:
Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, institucións e entidades públicas instrumentais do sector público autonómico.

Para optar ao curso superior:
 – O curso medio de linguaxe xurídica galega, ou o curso medio de linguaxe administrativa galega ou calquera dos cursos equivalentes a estes que se establecen no artigo 5.2 da Orde do 13 de xuño de 2011 pola que se regulan os cursos de linguaxe administrativa e xurídica galegas (DOG núm. 121, do 24 de xuño). 
Para optar ao curso medio: 
– O Celga 4, ou os cursos de iniciación e perfeccionamento de lingua galega, ou o curso básico de linguaxe administrativa galega, ou o curso básico de linguaxe xurídica ou o curso básico de linguaxe administrativa sanitaria, segundo se establece no artigo 3.4 da Orde do 13 de xuño de 2011 pola que se regulan os cursos de linguaxe administrativa e xurídica galegas (DOG núm. 121, do 24 de xuño). 

As persoas solicitantes dun curso na modalidade de teleformación deberán dispor dun equipamento informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos: 
– Un ordenador con conexión á internet. 
– Calquera navegador web actualizado

O persoal que desexe participar nos cursos convocados nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática na páxina web da EGAP https://egap.xunta.gal/matricula, non sendo admisibles outras formas de solicitude. As solicitudes cubertas adecuadamente entenderanse presentadas na EGAP no enderezo da internet https://egap.xunta.gal/matricula unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación. As persoas que, de seren seleccionadas, desexen recibir os correspondentes avisos deberán facilitar unha conta de correo electrónico e un número de teléfono móbil.

AXG-CUT esixe a ampliación do número de prazas nos cursos de Linguaxe Administrativa e Xurídica

20 de agosto de 2021


Alternativas na Xustiza-CUT, ven de presentar escrito esixindo a ampliación do número de prazas de cursos de Galego Administrativo e Xurídico...



EGAP;Cursos de linguaxe xurídica galega para persoal que preste os seus servizos dentro e fóra da Comunidade (ano 2021)

12 de febreiro de 2021

"publicado no DOG"

Vense de publicar no DOG; RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 2021 pola que se convocan cursos de linguaxe xurídica galega para o persoal ao servizo da Administración de xustiza que preste servizos fóra da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021.

O número de prazas de cada curso será de 25 por edición.
Os cursos impartirase segundo se indica a continuación:
Curso medio linguaxe xuridica galega
Teleformación, 75 horas, dende 06.09.2021 ao 07.11.2021

Curso superior linguaxe xuridica galega
Teleformación, 75 horas, dende 06.09.2021 ao 07.11.2021

Os cursos van dirixidos a todo o persoal de xustiza, xuices, letrados, xestores, tramitadores...

Para optar a estes cursos e necesario ter superado e validado

Para optar ao curso superior: O curso medio de linguaxe xurídica galega, o curso medio de linguaxe administrativa galega ou calquera dos cursos equivalentes..
Para optar ao curso medio:  O curso Celga 4, os cursos de iniciación e perfeccionamento de lingua galega, o curso básico de linguaxe administrativa galega, o curso básico de linguaxe xurídica ou o curso básico de linguaxe administrativa sanitaria...

Solicitudes 
O prazo de presentación de solicitudes será de oito días contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

O persoal que desexe participar nos cursos convocados nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática na páxina web da EGAP,  <https://egap.xunta.gal/matrícula> e non son admisibles outras formas de solicitude.



EGAP: convocatoria de cursos de linguaxe xurídica e administrativa para persoal que presta servizos na Comunidade Autónoma galega

10 de febreiro de 2020

"publicado no DOG"

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2020 pola que se convocan os cursos de linguaxe administrativa e xurídica galega para persoal ao servizo das distintas administracións da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020.

EGAP: convocatoria de cursos de linguaxe xurídica galega para persoal que preste servizos fóra da Comunidade Autónoma de Galicia

"publicado no DOG"

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2020 pola que se convocan cursos de linguaxe xurídica galega para persoal ao servizo da Administración de xustiza que preste servizos fóra da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020.

Datas de realización das probas para certificados Celga de lingua galega

20 de maio de 2019


"publicado no DOG"

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 2019, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se fixan as datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2019, que foron convocadas mediante a Resolución do 20 de marzo de 2019 (código de procedemento PL500C).


EGAP: cursos de linguaxe xurídica galega

26 de decembro de 2018

"publicado no DOG"

RESOLUCIÓN de 20 de decembro de 2018 pola que se convocan cursos de linguaxe xurídica galega para persoal ao servizo da Administración de Xusticia que preste servizos fora da Comunidade Autónoma de Galicia

Denuncia do absoluto desprezo por parte da Xunta ós cursos de Linguaxe Xurídica Galega

2 de outubro de 2018

Dende fai moitos anos,  Alternativas na Xustiza-CUT xunto con centos de traballadores vimos denunciando a escasa ou nula convocatoria en canto ao número de edicións e, sobre todo, ó número de prazas, nos cursos de linguaxe xurídico galego tanto na modalidade de teleformación como na presencial.

Cursos de linguaxe administrativa e xurídica

2 de xaneiro de 2018

 "Publicado no DOG"

Publicación no DOG de hoxe, 2 de xaneiro de 2018, da resolución do 27 de decembro de 2017 pola que se convocan os CURSOS DE LINGUAXE ADMINISTRATIVA E XURÍDICA GALEGA para persoal ao servizo das distintas administracións da CCAA de Galicia para o ano 2018.

ligazón DOG

Cursos de linguaxe xurídica galega (persoal fóra de Galicia)

"publicado no DOG"

Resolución do 27 de decembro de 2017, pola que se convocan CURSOS DE LINGUAXE XURÍDICA GALEGA para persoal ao servizo da Administración de xustiza que preste servizos fóra da CCAA de Galicia.

ligazón DOG

Cursos de linguaxe xurídica galega media e superior para funcionarios que presten servizo na CCAA

7 de abril de 2017


RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2017 pola que se convocan cursos de linguaxe xurídica galega para persoal ao servizo da Administración de xustiza e outros colectivos relacionados coa xustiza, que presten servizos dentro da Comunidade Autónoma de Galicia.

Ligazón permanente

Cursos de linguaxe xurídica galega superior para funcionarios destinados fóra da CCAA


RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2017 pola que se convoca un curso superior de linguaxe xurídica galega para persoal ao servizo da Administración de xustiza que preste servizos fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.

Ligazón permanente