EGAP; Cursos prevención riscos laborais, nivel básico.

30 de marzo de 2021


"publicado no DOG"


Vense de publicar no DOG; RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 2021 pola que se convocan cursos de prevención de riscos laborais de nivel básico para persoal empregado público, traballador por conta allea ou autónomo, empresario e persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.

-Poderán participar nesta actividade formativa: os/as empregados/as públicos/as que se encontren en servizo activo, traballadores/as por conta allea ou autónomos/as, empresarios/as e aquelas persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.


1. O prazo de presentación de solicitudes será do 31 de marzo ao 9 de abril de 2021.
2. As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes ata as 23.55 horas da data de finalización. 

Modalidade: teleformación. 
Duración: 60 h. 
Edicións: unha. 
Datas: do 20 de abril ao 17 de xuño de 2021. 
Proba final: o día 17 de xuño ás 10.00 horas. A proba final do curso realizarase ben de xeito telemático a través da aula virtual ou ben de forma presencial descentralizada nos centros territoriais do Issga nas localidades da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra e na sede da EGAP en Santiago de Compostela (Rúa Madrid, 2-4. Polígono das Fontiñas).