EGAP; curso prevención riscos laborais para Carballiño e Barco de Valdeorras

24 de agosto de 2021


"publicado no DOG"

Vense de publicar no DOG; RESOLUCIÓN do 13 de agosto de 2021 pola que se convoca un curso de prevención de riscos laborais (primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación).

Poderá participar na acción formativa convocada nesta resolución o persoal que presta servizos nos seguintes centros de traballo: 
 
– Na Comarca do Carballiño: Residencia de Tempo Libre do Carballiño, Residencia do Carballiño para maiores con autonomía, Centro Sociocomunitario do Carballiño, Oficina de Emprego do Carballiño e xulgados nº 1 e 2 do Carballiño. 
 
– Na Comarca do Barco de Valdeorras: Casa Grande de Viloria, Centro Sociocomunitario do Barco de Valdeorras e xulgados nº 1 e 2 do Barco de Valdeorras.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez días contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. 
 
 As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización.