MINERVA; versión 6.4.4.0

24 de agosto de 2021

"publicado na intranet"

Vense de publicar na intranet; 
 
Estase a implantar a nova versión de Minerva nos Xulgados de toda Galicia de xeito progresivo. A versión 6.4.4.0. introduce novas funcionalidades na consulta, xestión e nas Oficinas de Rexistro e Reparto. Poderás ver estas novidades cando a versión estea actualizada no teu órgano.

Dende AXG-CUT esperaremos a poder traballar coa nova versión para opinar das "ventaxas", aínda que se a evolución é como nas implantación das anteriores, ímos atopar unha nova versión que sigue mantendo os erros básicos no funcionamento do programa (denunciadas unha e outra vez polos  funcionarios) e seguiremos sin ter a opción de pode traballar co programa en idioma galego.

 
Oficinas de Rexistro e Reparto 
 
  • A nova versión permíteche a consulta do expediente asociado a través de Registro - Revisión de asuntos/escritos. Se o procedemento ten expediente asociado, ao premer no botón “Expt. Adm” podes consultar os documentos. 

 
  • Engádese un novo control no envío de asuntos que teñan escritos asociados e xeren carátula de rexistro, para que non se realice o envío se o ficheiro de carátula de rexistro non se copia correctamente por problemas de conexión. Nese caso, a aplicación amosará un aviso ao usuario. 

 

  • A nova versión de Minerva permíteche recuperar o número de rexistro a través de “Tramitación” – “Aceptación de Asuntos”, no caso de devolucións por inhibición remitidas polos Órganos de Rexistro e Reparto aos Xulgados.
  • Poderase asignar o NIG de macrocausas ao procedemento que se estea rexistrando, tanto manual como automático. Habilitase o botón para visualizar e seleccionar o NIG da macrocausa. 

Consultas

  • Na funcionalidade de Consulta múltiple, incorpórase a búsqueda aproximada de atestado/expediente e habilítanse os botóns “Rev Asunto” e “Tramitar”. 

 

Xestión

  • Permitirache marcar e desmarcar en bloque os acontecementos referentes a acuses de notificación que estean relacionados entre si. En ambos casos, aparecerá unha mensaxe de aviso.
  •  Na xestión de procedementos con pezas, a aplicación mostrará unha mensaxe para recordarche que ao transformar un procedemento que ten pezas, con acontecementos creados, estas pezas non se traspasan.
  •  Engádese na pantalla de tramitación o botón “S. Actuación” que che permite visualizar máis información sobre un procedemento con secreto de actuacións. Só poderán acceder os usuarios que teñen os permisos para visualizar o expediente. 
  •  Elimínase a posibilidad de incoar a peza separada de tasación de costas (PTC), así como a alta da peza de impugnación de tasación de costas (ICS). A tramitación realizaráse a través de subesquemas.
  • Habilítase a incoación da peza separada de indulto nos procedementos DUD. 
  • Permite a activación dun LAX ou Xuíz/a dende “Mantenimiento de magistrador/jueces/secretarios” por medio dun control de contas activas. 
  •  Engádense novos procedementos.