"publicado no DOG"
EGAP; Curso de Elaboración de disposicións administrativas de carácter xeral.
28 de setembro de 2021
"publicado no DOG"
Vense de publicar no DOG; RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2021 pola que se convoca un curso para o
persoal empregado público das entidades locais e do sector público autonómico
de Galicia.
Código: CV21076.
Elaboración de disposicións administrativas de carácter xeral.
Obxectivos.
Este obradoiro ten como obxectivo a formación práctica en materia de redacción de
todo tipo de disposicións normativas, é dicir, decretos, ordes, ordenanzas, regulamentos,
etc. A materia presenta especial interese científico e técnico para aquel persoal empregado
público que participe na elaboración deste tipo de disposicións.
A formación será exclusivamente práctica e consistirá no seguimento do procedemento
de elaboración de normas e na corrección de supostos reais.
Empregados/as públicos/as das entidades locais de Galicia e do sector público autonómico.
Preferentemente, habilitados/as nacionais e funcionarios/as da Administración local dos
subgrupos A1 e A2 que teñan responsabilidades en materia de tramitación e instrución
deste tipo de expedientes.
Modalidade: teleformación.
Duración: 21 horas.
Edicións: unha.
Datas: do 27 de outubro ao 17 de novembro de 2021.
Proba final en liña: o día 22 de novembro, ás 10.00 horas.
O prazo de presentación de solicitudes será de dez días contados a partir do seguinte
ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia dende 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e
ata as 23.55 horas da data de finalización.
Imprimir / Compartir