Concurso de méritos para a provisión de dúas prazas vacantes Valedor do Pobo

23 de novembro de 2021


"publicado no DOG"


Vense de publicar no DOG; Valedor do Pobo 
RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2021 pola que se convoca concurso de méritos para a provisión de dúas prazas vacantes nesta institución. Ao abeiro do establecido no artigo 7.k) do Regulamento de organización e funcionamento do Valedor do Pobo, convócase concurso de méritos para cubrir dúas prazas vacantes do corpo auxiliar..

As prazas están dotadas coas súas retribucións correspondentes, consignadas nos orzamentos do Valedor do Pobo do ano en curso. 
  • 2. Requisitos dos/das aspirantes. 
  • 2.1. Xerais. Para seren admitidos, os/as aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos: 
  • 2.1.1. Non exceder a idade de xubilación forzosa. 
  • 2.1.2. Non padecer enfermidade ou discapacidade que impida o desempeño das funcións correspondentes. 
  • 2.1.3. Non ter sido obxecto dunha separación de servizo de calquera Administración pública mediante expediente disciplinario nin dunha inhabilitación con carácter firme para o exercicio de funcións públicas
  • 2.1.4. Ter a condición de funcionario/a de carreira de calquera Administración pública, pertencente ao subgrupo C2 ou grupo D.