EGAP; curso de formación en materia de económia pública
22 de abril de 2022
Vense de publicar no DOG; Resolución do 22 de abril 2022 pola que se convocan actividades de formación continua en materia de economía pública.
Poderá participar nas actividades formativas convocadas nesta resolución o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das súas entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, das entidades locais de Galicia e de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia, que se encontre en situación de servizo activo.
As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
Imprimir / Compartir