"publicado no DOG"
Modificación da Resolución do 9 de decembro de 2003 pola que se contituen os servizos de apoio
22 de abril de 2022
"publicado no DOG"
Vense de publicar no DOG; RESOLUCIÓN do 12 de abril de 2022, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que
se modifica a Resolución do 9 de decembro de 2003 pola que se constitúen
os servizos comúns de apoio das cidades da Coruña, Ferrol, Santiago de
Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.
Mediante a Resolución do 9 de decembro de 2003, da Dirección Xeral de Xustiza, constituíronse os servizos comúns de apoio das cidades da Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.
A constitución destes servizos tiña como finalidade dotar os xulgados das cidades de
Galicia de equipos integrados con persoal experto que, desde o centro de decisión máis
próximo ao problema, puidesen colaborar coas oficinas xudiciais afectadas por circunstancias ocasionais (sobrecarga de traballo por causas conxunturais, expedientes complexos,
posta en marcha de novos servizos, desenvolvemento de programas concretos de actuación, baixas por enfermidade ou licenzas de curta duración, etc.), que requiren unha pronta
e eficaz atención.
Imprimir / Compartir