Decreto polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia

16 de maio de 2022


"publicado no DOG" 

Vense de publicar no DOG; DECRETO 58/2022, do 15 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia. 

Elixido e investido polo Parlamento de Galicia dos poderes propios do presidente da Xunta de Galicia, segundo o Estatuto de autonomía, conforme o disposto nos artigos 15 e 18 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, en virtude das atribucións que me confire o artigo 26.1 do mesmo texto legal para crear, modificar ou suprimir mediante decreto as vicepresidencias e consellerías da Xunta de Galicia, e tendo en conta os criterios de eficacia e economía que deben inspirar a actuación e a organización administrativa.