Webinario; Acceso á información pública. sistema de atención á cidadanía.

13 de maio de 2022


"publicado no DOG"

Vense de publicar no DOG; RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2022 pola que se convoca o webinario Acceso á información pública. Sistema de atención á cidadanía (Siaci).

Esta actividade está dirixida ao persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das súas entidades públicas instrumentais.

Data: venres 20 de maio de 2022. 
Modo de impartición: telepresenza. 
Horario: das 10.00 ás 13.00 horas. 
Duración: 3 horas lectivas.

As solicitudes de participación nesta actividade formativa só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/matricula.

O prazo para a inscrición estará aberto desde as 8.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.55 horas do día 18 de maio de 2022.