EGAP; curso superior de Administración electrónica.
15 de xuño de 2022
"publicado no DOG"
Etiquetas:
DOG
,
EGAP
,
Formación
Vense de publicar no DOG resolución 3 de xuño de 2022 pola que se convoca o curso superior de Administración electrónica.
O curso está dirixido ao persoal empregado público en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das súas entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, que se encadre nas seguintes categorías:
• Grupo A (subgrupos A1 e A2) do persoal funcionario. Grupos I e II do persoal laboral.
No caso de non se cubrir a totalidade das prazas convocadas, ás vacantes que resulten poderá acceder o persoal empregado público das ditas categorías, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración local e da Administración de xustiza.
O curso desenvolverase desde o 13 de setembro ata o 25 de outubro de 2022. Lugar Escola Galega de Administración Pública (EGAP) sita na rúa Madrid, 2-4. Santiago de Compostela. A duración e de 114 horas lectivas, 30 horas de clases prácticas presenciais e 84 de teleformación.
O prazo para a inscrición permanecerá aberto desde as 8.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.55 horas do día 31 de xullo de 2022.
Poderase obter calquera outra información a través do correo electrónico novas.egap@xunta.gal ou, desde as 8.30 ata as 14.30 horas, nos teléfonos 981 54 62 39 e 981 54 62 41.
Imprimir / Compartir