EGAP; corrección de erros

26 de xullo de 2022


"publicado no DOG"

Vense de publicar no DOG; CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 31 de marzo de 2022 pola que se convoca o programa de autoformación para o persoal ao servizo das administracións territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma, así como para o persoal da Administración de xustiza de Galicia e de administración e servizos (PAS) das tres universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG). 

Advertido erro na referida resolución, publicada no DOG número 66, do 5 de abril de 2022, cómpre facer a seguinte corrección: 

– Na páxina 21771, onde di: «1. Para superar as probas de avaliación, o alumnado deberá responder de forma correcta un 60 % das preguntas do exame, que será de tipo test. As respostas incorrectas non descontarán acertos.», debe dicir: «1. Para superar as probas de avaliación, o alumnado deberá responder de forma correcta un 50 % das preguntas do exame, que será de tipo test. As respostas incorrectas non descontarán acertos.».