EGAP; cursos de prevención de riscos laboráis (nivel básico)

19 de agosto de 2022


"publicado no DOG"



Vense de publicar no DOG; RESOLUCIÓN do 10 de agosto de 2022 pola que se convocan cursos de prevención de riscos laboráis de nivel básico para persoal empregado público, traballador por conta allea ou autónomo, empresario e persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.

Poderán participar nesta actividade formativa os/as empregados/as públicos/as, traballadores/as por conta allea ou autónomos/as, empresarios/as e aquelas persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.

Modalidade; teleformación.

O prazo para a inscrición estará aberto desde as 9.00 horas do día 22 de agosto ata as 23.55 horas do día 31 de agosto de 2022

As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/ matricula

As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 63 35 e 981 54 62 57 en horario de atención ao público (das 9.00 ás 14.00 horas) e do enderezo de correo electrónico xestion.egap@xunta.gal