Concovatoria cursos de linguaxe administratriva galega e preparatorios para Celga

19 de agosto de 2022

"publicado na intranet"

Vense de publicar na intranet; RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2022, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia.


Convocar, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior en liña, e cursos preparatorios para a consecución dos certificados de lingua galega (Celga), para o curso 2022/23, nas escolas oficiais de idiomas de Galicia que se indican nos anexos I e II, respectivamente. 

Os cursos impartiranse entre setembro de 2022 e maio de 2023, en horario de mañá ou de tarde. 

Solicitudes. As persoas que desexen participar nos cursos convocados nesta resolución deberán cubrir o formulario de inscrición telemática no enderezo www.eoidigital.com/preinslinguagalega

O prazo para a presentación das solicitudes abranguerá desde o día 1 ata o 10 de setembro de 2022, para os cursos do primeiro cuadrimestre (setembro-xaneiro), e desde o 3 ata o 13 de xaneiro de 2023, para os cursos do segundo cuadrimestre (febreiro-maio).

Os cursos terán un número mínimo de 15 participantes e un número máximo de 25.