Persoal interino. Finalización do prazo para a elección de bolsa o día 09/09/2022

6 de setembro de 2022



"publicado na intranet"

Recórdase que o día 9 de setembro finaliza o prazo para a elección de bolsa.

Aquelas persoas aspirantes que estean incluídas tanto en bolsa coma baremadas sen bolsa en distintos corpos, ou en varias provincias da mesma bolsa, deberán seleccionar aquela única na cal desexen quedar. Se non o fixeran, entenderase que desisten de todas as súas solicitudes.

A elección deberá realizarse telematicamente, cubrindo necesariamente o formulario electrónico dispoñible na aplicación informática. Unha vez cuberto o formulario, deberase presentar de xeito electrónico a través da OPAX.

 Non será válida unha elección de bolsa en estado borrador.