Substitucións. Nova oferta de prazas

13 de outubro de 2022



"publicado na intranet"

Saíu publicada, con data do 11 de outubro de 2022, a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza pola que se convocan postos para a súa provisión temporal mediante o sistema de substitución.

Mentres non se habilite a opción de solicitude a través da OPAX, ou en caso de fallo acreditado do sistema, as solicitudes conforme ao Anexo II da Resolución do 18 de maio de 2022, e se for o caso a documentación ou alegacións, deberán presentarse na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) mediante o modelo de solicitude xenérica co código PR004A. 

O prazo de presentación de solicitudes será de TRES DÍAS hábiles desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución na intranet de Xustiza e na web da Consellería.