E-martes; Xornada de formación práctica dixital (11 de abril de 2023)

29 de marzo de 2023

"publicado no DOG"

Vense de publicar no BOE; RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2023 pola que se convoca, no marco da iniciativa Universo EGAP innova, a Xornada de formación práctica dixital (E-martes) sobre sistemas para a contratación pública.

A xornada de formación práctica dixital (E-martes), que se desenvolverá o día 11 de abril de 2023, abordará os seguintes contidos:
• A plataforma de contratos públicos de Galicia (CPG).
• Como facer unha presentación electrónica das ofertas a través do Sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (Silex). 
• O xestor de expedientes de contratación (Plation). 
• Como darse de alta no Rexistro Xeral de Contratistas (RXC). 
• Como presentar unha factura electrónica a través do Sistema electrónico de facturación (SEF) da Xunta de Galicia.

Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela. 
Data: o martes 11 de abril de 2023. 
Horario: de mañá e tarde. 
Duración: 7 horas lectivas.
Número de prazas Cincuenta (50). 
A inscrición nesta actividade formativa só poderá realizarse por vía telemática accedendo ao enderezo https://egap.xunta.gal/matricula.

Ligazón ao DOG.-