"publicado no DOG"
EGAP; Actividades de formación en materia de igualdade e violencia de xénero
29 de marzo de 2023
"publicado no DOG"
Vense de publicar no DOG; RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2023 pola que se convocan as actividades
de formación continua en materia de igualdade e violencia de xénero para o
persoal ao servizo das administracións territoriais, institucionais e entes públicos
instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma, así para o persoal da
Administración de xustiza de Galicia e de administración e servizos (PAS) das
tres universidades galegas.
O persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, da Administración de xustiza de Galicia, das entidades locais de Galicia e o PAS das tres universidades do SUG, que
se encontre en situación de servizo activo.
Para as actividades impartidas na modalidade de telepresenza, contarán ademais cun
manual de usuario no enlace https://egap.xunta.gal/ecloud/index.php/s/ZKijmeiZ5ypS3jd,
onde se explica como acceder á plataforma de telepresenza e se describen os compoñentes que o equipo necesita para un funcionamento básico da plataforma.
Desenvolvemento das actividades de formación
Os cursos realizaranse cos requirimentos, coa duración e as condicións que para cada
un deles se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina
web .
As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matrícula>, desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e
ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha
vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
Imprimir / Compartir