Criterios de repartición do Fondo de Acción Social

12 de xuño de 2023


"publicado no DOG"

Vense de publicar no DOG, RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade á convocatoria e aos criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2023 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.
..destínase na partida orzamentaria 06.03.131A 162.04 a cantidade de 21.911,00 euros para a axuda do programa de atención de persoas con discapacidade do Fondo de Acción Social para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia. 

Poderán solicitar as axudas o persoal funcionario de carreira e persoal interino dos seguintes corpos ao servizo da Administración de xustiza: médicos forenses, xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial.

O persoal referido no parágrafo anterior deberá estar, no prazo de presentación das solicitudes, en situación de servizo activo ou de excedencia por coidado de fillos/as e ter destino nesta comunidade autónoma, así como reunir os restantes requisitos exixidos polo presente programa de atención de persoas con discapacidade do Fondo de Acción Social. 

Tamén poden solicitar a axuda: a) Aquelas persoas que prestaran servizos como persoal funcionario interino da Administración de xustiza nesta comunidade autónoma durante o período comprendido entre o final da acción social do ano pasado (día 20.7.2022) e a finalización do prazo de presentación de instancias desta convocatoria. b) O persoal funcionario de carreira da Administración de xustiza que durante o período comprendido entre o final da acción social do ano pasado (20.7.2022) e a finalización do prazo de presentación de instancias desta convocatoria prestasen servizos nesta comunidade autónoma e se xubilasen durante o dito período. 

Terán a condición de beneficiarios: a) Os solicitantes con discapacidade física, psíquica ou sensorial igual ou superior ao 33 % que reúnan os requisitos establecidos nos puntos anteriores. b) Os solicitantes que, reunindo os requisitos establecidos nos puntos anteriores, teñan baixo a súa dependencia directa e legal, e vivindo ás súas expensas, cónxuxe, parella de feito, fillos/as, ascendentes de primeiro grao por consanguinidade ou afinidade ou persoas tuteladas por sentenza xudicial firme con discapacidade física, psíquica ou sensorial igual ou superior ao 33 %. No caso de que a persoa beneficiaria teña baixo a súa dependencia directa e legal, e vivindo ás súas expensas, máis dunha persoa que cumpra os requisitos anteriores, percibirá a axuda para cada unha.
No suposto de que dúas persoas teñan a condición de beneficiarios/as respecto do mesmo causante, só unha delas terá dereito á axuda. 
A percepción das axudas deste Fondo de Acción Social é incompatible coa percepción doutras axudas de natureza similar concedidas pola Xunta de Galicia ou calquera outra Administración ou organismo oficial ou empresa privada.

O prazo de presentación de solicitudes será de quince (15) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia

 As persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente o formulario electrónico da solicitude a través da OPAX (Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza), no enderezo web opax.xunta.es, para o cal están habilitadas dúas modalidades de identificación: a) Se se dispón dun certificado dixital recoñecido (DNI electrónico, tarxeta de identificación de persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia ou outro), poderase acceder con este e a súa correspondente clave. b) De non disporen dun certificado dixital recoñecido, as persoas solicitantes accederán á OPAX mediante o seu usuario e contrasinal.

Para o caso de que o sistema non recoñeza o usuario como válido ou de que este non lembre o seu contrasinal, farase uso da opción habilitada na OPAX para estes efectos. 3.2. Formalización da solicitude. Unha vez realizada a identificación, a persoa solicitante deberá seleccionar na OPAX a opción correspondente ao Fondo de Acción Social e cubrir todos os campos

A contía da axuda calcúlase do seguinte modo, tendo en conta o grao de discapacidade:

 – Do 33 % ao 64 %: 300 €.
 – Do 65 % ao 74 %: 600 €. 
 – Do 75 % en diante: 1.200 €. 

A solicitude será única por solicitante, e no caso de existir máis dunha persoa causante, deberán introducirse naquela os datos de cada unha delas. 

Accede o contido completo premendo no seguinte enlace.