"publicado no DOG"
Eleccións Sindicais 20/06/2023; permisos retribuidos para persoas electoras
7 de xuño de 2023
"publicado no DOG"
Vense de publicar no DOG; RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que
se establecen os permisos retribuídos de que poden gozar as persoas electoras
a órganos de representación de persoal da Administración de xustiza en Galicia
que exerzan o dereito de voto o vindeiro día 20 de xuño de 2023.
----
Ao persoal funcionario que goce deste permiso poderalle ser exixida unha xustificación
da efectividade do acto da votación, que para o efecto solicitará da súa mesa electoral.
-As persoas que deban exercer o dereito ao voto nunha mesa electoral situada no mesmo local ou edificio onde presten habitualmente os seus servizos ou estean
destinadas poderán dispoñer dun permiso de dúas horas continuadas durante a xornada
laboral para o acto da votación.
-As persoas que deban exercer o dereito ao voto nunha mesa electoral situada na mesma localidade, pero distinto local ou edificio, onde presten habitualmente os seus
servizos ou estean destinadas poderán dispoñer dun permiso de tres horas continuadas
durante a xornada laboral para o acto da votación.
-As persoas que deban exercer o dereito ao voto nunha mesa electoral situada
en localidade distinta da que presten habitualmente os seus servizos ou estean destinadas
poderán dispoñer dun permiso de catro horas continuadas durante a xornada laboral para
o acto da votación, ou do tempo maior indispensable naqueles casos en que as circunstancias así o impoñan.
Imprimir / Compartir