EGAP; cursos linguaxe administrativa e xurídica galega
18 de xaneiro de 2024
"publicado no DOG"
Etiquetas:
curso
,
EGAP
,
linguaxe xurídica galega
ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
Vense de publicar RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2024 pola que se convocan os cursos de
linguaxe administrativa e xurídica galega para persoal ao servizo das distintas
administracións da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024.
persoal que desexe participar nos cursos convocados nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática na páxina web da EGAP <https://egap.xunta.gal/matricula> , non sendo admisibles outras formas de solicitude
Cada persoa só poderá solicitar un dos cursos convocados.
O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación
desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 31 de xaneiro de 2024.
Os formularios poderán ser obtidos e cubertos desde as 9.00 horas da data de inicio
do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización.
As dúbidas, as dificultades técnicas e mais as solicitudes de información serán
atendidas pola EGAP a través dos números de teléfono 981 54 62 57, 981 54 62 54 e
981 54 63 35 en horario de atención ao público (das 9.00 ás 14.00 horas)
Imprimir / Compartir