Información da Mesa Sectorial 8/06/21

9 de xuño de 2021

Na Mesa Sectorial que tivo lugar hoxe e na que se ía negociar a futura bolsa de funcionari@s interin@s, aproveitamos para falar dos seguintes temas: 

OUTROS 

As denuncias nos medios de comunicación presentadas por AXG-CUT dá resultados. A Xunta levará a Comisión Mixta a posibilidade de poñer medidas de reforzo para os Xulgados de Vilagarcía, Cangas, Caldas 

 

Reforzo xulgados o instancia Vigo A Xunta asume que ten que poñer o persoal de reforzo que actualmente está nos sociais, tal e como solicitou *AXG-CUT e o TSXG para apoiar ao JAT e o LAX. Consecución histórica. 

O Director Xeral manifiestou que están a estudar o tema das fiscalías, como solicitamos o ano pasado desde AXG-CUT, para alcanzar a ratio de 1 funcionario por fiscal, sen contar aos auxilios para facer ese cálculo o que aumentaría o número de prazas a crear. 

NOVA BOLSA FUNCIONARI@S INTERIN@S 

Pendentes do envío dun novo borrador por parte da Dirección Xeral (Dxx)que recolla algunha das alegacións realizadas hoxe: 

    O artigo 10. baremacións Quedará igual, salvo algún pequeno matiz no apartado de formación que quedou pendente de que a Dirección Xeral remita un novo borrador do texto a próxima semana. 

    A DXX aceptou a petición de AXG-CUT, para que os interinos que estean tamén na bolsa de LAX e traballen como tal, se lles valore o tempo traballado, así como se aprobaron algún exame de LAX. 

    A DXX acepta negociar as porcentaxes de traballadores que formarán as bolsas. 

    A Xunta aceptou a reivindicación de AXG-CUT de que a titulación a valorar sexa idéntica ás oposicións. 

    As listaxes de baremad@s, serán sempre públicas, para que tod@s podamos facer un seguimento claro das bolsas. Na anterior bolsa os eliminaran da páxina web da Xunta. 

    A DXX quedou en contestar á petición de AXG-CUT para que os membros da bolsa poidan solicitar suspensións sen límite, para traballar noutras administracións ou outros corpos de Xustiza, incluso na empresa privada, a situación económica non está para renunciar a traballos. 

    A DXX quedou en contestar á petición de AXG-CUT para que *cando nun xulgado, salvo que existan RPTS, exista algunha praza desocupada o interino que ten que cesar poida quedar nela, como xa pasaba nas anteriores bolsas. 

    Desde AXG-CUT solicitamos unha regulación máis estricta dos chamamentos telefónicos, a día de hoxe as delegacións utilízanos de forma caprichosa. 

    Os chamamentos a través do SPEG, sobre todo tendo en conta que a nova bolsa non entrará en vigor a corto prazo continuarán por tempo 

    Desde AXG-CUT tras múltiples denuncias das irregularidades solicitamos á Dxx unha reunión na que estean presentes os Sindicatos, a DXX e a Directora do SPEG para buscar solución ás mesmas.

preme para abrir o pdf