Alegacións de AXG-CUT contra a mega bolsa e pola valoración da antigüidade desde 1992 e da formación vixente

29 de xuño de 2017


"carta dirixida ao Director Xeral"

Desde o primeiro momento de recibir o terceiro borrador, ALTERNATIVAS NA XUSTIZA-CUT mostramos a nosa oposición rotunda á nova redacción do artigo 7 "composición e vixencia das bolsas" e solicitamos una nova Mesa Técnica para tratar o asunto.

Ante a oposición de AXG-CUT avalada por centos de traballadores, o departamento que vostede dirixe acaba de remitir un correo electrónico aos sindicatos solicitando antes do 30 de xuño, "consideracións e propostas" sobre a nova redacción do artigo nº 7 do terceiro borrador.

Os argumentos nos que se basea a nosa oposición á nova redacción, tal e como expuxemos en escrito de data 22 de xuño de 2017, son os seguintes:

A/ Coa nova redacción crearíase una Mega Bolsa de traballo (posto que se acumulan as porcentaxes das actuáis bolsas de reserva e traballo). A isto hai que engadir que coa modificación do artigo 21.6, que amplía de 180 a 360 os días mínimos garantidos de traballo antes de pasar ao final da Mega bolsa, provocará que:

- Durante o primeiro ano e medio aproximadamente BLOQUEARÁ a bolsa, traballando únicamente os primeiros postos da bolsa.
-Unha vez transcorran 360 días traballados será prácticamente imposible que volvan facelo, posto que ademáis de ter moitas máis persoas diante (nalgúns casos ata a metade máis), terán que esperar a que pase o dobre de tempo para que "corra número".

A modo de exemplo - Cos números na man en Coruña a bolsa de Xestión procesual pasaría de 36 a 54 na bolsa de traballo; en Tramitación pasaría de 77 a 118 traballadores na bolsa.

B/ Desaparece a bolsa de reserva, tal e como é ata agora, para converterse no que actualmente chamamos RESERVA DA RESERVA (traballadores baremados, miles, que nunca traballarán).

C/ Co aumento de puntuación dos cursos de Galego o número de traballadores doutras Comunidades Autónomas verase reducido de maneira drástica.

Desde ALTERNATIVAS continuamos solicitando aumentar a puntuación dos cursos de Galego, esquiparándoos aos concursos de traslado e procesos selectivos ( 4 puntos - 8 puntos - 12 puntos).

A gran mayoría dos problemas das suspensións temporais desaparecerían RECUPERANDO a obriga de ESTAR CENSADO EN GALICIA.

D/ A implantación da notificación a través do correo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificacións electrónicas de Galicia acabará cos atrasos actuáis na expulsión da bolsa daqueles traballadores sobre os que se decide a exclusión.

Por todo o antes exposto SOLICITAMOS A CONVOCATORIA DUNHA NOVA MESA TÉCNICA para tratar éste e outros asuntos que para ALTERNATIVAS NA XUSTIZA-CUT son fundamentais para una verdadeira valoración de méritos:

  • Valoración da antigüidade desde o ano 1992 (data da primeira bolsa regulada), facendo prácticamente imposible alcanzar os 30 puntos, tratando de evitar así no seu caso as indemnizacións aos interinos derivadas da aplicación da sentenza do Tribunal Europeo.
  • Valoración de todos os cursos que están en vigor con independencia do límite dos 5 anos.
En Galicia, a 28 de xuño de 2017.

Pablo Valeiras Ríos
Responsable de Alternativas na Xustiza-CUT