Amosando publicacións coa etiqueta negociación. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta negociación. Amosar todas as publicacións

AXG-CUT presenta DEMANDA CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVA contra o acordo da traxectoria profesional

1 de agosto de 2020

O pasado día 29 de xullo ALTERNATIVAS NA XUSTIZA-CUT interpuxo demanda ante a Sala do Contencioso - Administrativo polo acordo de traxectoria profesional asinado, unha vez máis,  pola DXX e as tres OOSS asinantes do acordo do 23 de maio de 2018. Acordo  que pretendían "BLINDAR"  o desenvolvemento dos puntos do acordo  e deixar fóra desa negociación a máis do 50 por cento da representación d@s traballador@s.

O contido do acordo, rexeitado na súa totalidade por parte de AXG-CUT, cuxas eivas son moitas, por non dicir o texto integral do acordo. 
  • Adía mes tras mes a percepción das cantidades correspondentes  a cada un dos corpos.
  • Discrimina entre os corpos, pois médicos forenses e xestores procesuais, tardan en consolidar o seu grao dous anos máis que tramitadores procesuais e auxilios xudiciais.
  • Un orzamento de 860.000 € adicado a este fin; pero sen desglosar de forma explícita as cantidades a percibir.
  • Absoluta inseguridade en anos vindeiros de percibir o complemento supeditado "ás dispoñibilidades orzamentarias".
  • A catro meses de rematar 2020, tendo efecto retroactivo desde 1.1.2020 aínda non hai data para cobrar.
  • Exclusión d@s funcionari@s interin@s da carreira profesional.



CONVOCATORIA MESA SECTORIAL 24 de outubro: comisións de servizos e substitucións

18 de outubro de 2019


No día de hoxe remitiuse comunicación da Dirección Xeral de Xustiza convocando ás OOSS para o vindeiro xoves, 24 de outubro, á Mesa Sectorial, e sendo a orde do día: Comisións de Servizo e Substitucións. 


19M: A Xunta de Galicia convoca ao comité de folga dez días despois

15 de marzo de 2018


A Xunta de Galicia remitiu un correo electrónico ao presidente do comité de folga, Manuel Tejada Vidal, convocando ao comité á mesa de negociación no conflito da xustiza para o vindeiro luns 19 de marzo ás 11.00 horas.






Falta de diálogo "constante" por parte dunha administración incompetente


Protesta de funcionarios en Santiago

En declaracións aos medios de comunicación, o portavoz na Coruña dos sindicatos convocantes da folga, Javier Fernández, lamentou que desde o 9 de marzo non tiveron ningún tipo convocatoria para reunirse coa Xunta de cara a abordar este conflito laboral.

Folga na xustiza: A DXX convoca ao comité de folga para mañá, día 31 de xaneiro

30 de xaneiro de 2018

"publicado en prensa"

A Xunta convoca ao comité de folga de Xustiza a unha nova reunión o vindeiro mércores.

Así o comunicou a Xunta a través dunha nota de prensa na que reiterou a súa vontade de seguir dialogando co obxectivo de chegar canto antes a un acordo, a condición de que "este respecte a legalidade vixente".




Convocatoria ao comité de folga pola DXX

29 de xaneiro de 2018


A DXX remitiu mail ás OOSS en unidade de acción, convocándoas para o vindeiro 31 de xaneiro ás 12.00 horas.

PREME NA IMAXE PARA AMPLIAR

Quén non quere negociar?????

PREME NA IMAXE
Para ver nota de prensa remitida polas OOSS aos medios de comunicación,

Convocatoria da DXX "á galega": pode ser que sí ou pode ser que non

17 de xaneiro de 2018

PREME PARA AMPLIAR A IMAXE

A realidade "oculta" da negociación da Xunta de Galicia


"publicado en prensa"

Protesta de funcionarios de xustiza


Los sindicatos han acusado al vicepresidente de la Xunta, Alfonso Rueda, de "mentir" ante el conflicto abierto en relación a los funcionarios de Xustiza, y han denunciado que, pese a que inicialmente "se había comprometido para el jueves pasado y ya se aplazó", todavía no hay fecha para la reunión en la que deberían seguir las negociaciones.




A xunta quere outra xornada de folga

8 de xaneiro de 2018


A XUNTA MANTÉN A CONVOCATORIA DE FOLGA 

Coas ofertas presentadas pola Xunta de Galicia a folga na Xustiza Galega está un paso máis cerca.
Os 2.500 traballadores da Xustiza Galega estaremos o 25 de xaneiro en Compostela para esixir rematar coa discriminación na Xustiza Galega

CAT 
Coa esmola que nos ofrecen tardariamos máis de dez anos en recuperar o confiscado.
Ofertáronnos:
 - XESTIÓN: 59,00€
 - TRAMITACIÓN: 40,25€
 - AUXILIO: 31,36€

 OS SINDICATOS ESIXIMOS 400€ MENSUAIS.