"publicado no DOG"
Sistema de información Passcovid.gal
21 de agosto de 2020
"publicado no DOG"
Vense publicar no DOG do día de hoxe;ORDE do 18 de agosto de 2020 pola que se regula o sistema de información
Passcovid.gal como medida complementaria na xestión da crise sanitaria
ocasionada polo COVID-19.
...En consecuencia, de conformidade co contexto, coas previsións normativas e coas recomendacións
institucionais antes indicadas, e dentro da estratexia xeral autonómica de
loita contra a crise sanitaria derivada da expansión do coronavirus SARS-CoV-2, con esta
orde amplíanse as medidas para a xestión da crise ocasionada polo COVID-19, aproveitando
os medios tecnolóxicos e sistemas de información dispoñibles no sector público
autonómico, coa finalidade última de contribuír á mellora da saúde colectiva e da saúde
individual tanto das persoas residentes en Galicia como daquelas que se atopen temporalmente
en territorio autonómico.
Imprimir / Compartir