EGAP; Xornadas de Formación Dixital E-martes

19 de xaneiro de 2021


"publicado no DOG"


Vense de publicar no DOG; RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 2021 pola que se convocan, no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, as Xornadas XII e XIII de formación práctica dixital (E-martes).

Os E-martes teñen como finalidade proporcionar formación práctica presencial ao persoal empregado público da Administración autonómica galega e á cidadanía nas transformacións tecnolóxicas, organizativas e lexislativas derivadas da Administración electrónica.

Desenvolvemento:
Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa Madrid 2-4, Santiago de Compostela.  Datas: martes, 2 e 16 de febreiro de 2021.
Horario: mañá e tarde. 
Duración: 6 horas lectivas cada xornada. 5.
Número de prazas. Persoal empregado público: 16.