Auxilio Xudicial; quenda libre. Prazas ofertadas no ámbito territorial de Galicia

8 de abril de 2022


"publicado no DOG"

Vense de publicar no DOG; RESOLUCIÓN do 1 de abril de 2022, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se fai pública a relación de prazas correspondentes ao ámbito territorial de Galicia (anexo I) que se ofrecen aos/as aspirantes aprobados/as nas probas selectivas para o ingreso no corpo de auxilio xudicial da Administración de xustiza, quenda libre, convocada pola Orde JUS/60/2020, do 15 de xaneiro.

Facer pública a relación de prazas do ámbito territorial de Galicia (anexo I), que se lles ofrecen aos/as aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso, polo sistema xeral de acceso libre, no corpo de auxilio xudicial convocado pola Orde JUS/60/2020, do 15 de xaneiro.

As solicitudes de destino dos/das aspirantes deste ámbito presentaranse na Dirección Xeral de Xustiza de Galicia, na rúa Madrid 2-4, 15781 Santiago de Compostela, ou polos medios previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (Boletín Oficial del Estado do 2 de outubro), no prazo de vinte días hábiles contados desde a publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Prazas ofertadas:
Xulgado de 1ª Instancia e Instrucción nº 1 (Rex Civil) Auxilio xudicial Ribeira A Coruña 
Xulgado de 1ª Instancia e Instrución número 1 Auxilio xudicial Cambados Pontevedra 
Xulgado de 1ª Instancia e Instrución número 4 Auxilio xudicial Cambados Pontevedra